O bipartito AM-PSOE ten 1,7 millóns en obras sen licitar

23.01.2022

O PP de Melide vén de comprobar que dous anos e sete meses despois de ter entrado no goberno o bipartito melidense encabezado por J.M. Pérez posúe un total de 1,7 millóns de euros en obras sen licitar a pesar de ter cambiado os pregos de contratación a uns moito máis eficientes e rápidos.

Dende que entraron no goberno municipal nutrironse das obras do mandato de Dalia García, que aínda teñen sen rematar dous anos e medio despois: a senda peonil da Martagona (Rúa Santiso - Petos) non iniciada, a segunda fase de Campo grande está sen executar, así como todos os POS do mandato AM-PSOE. 

Hai que destacar que o bipartito AM-PSOE beneficiouse dunha modificación dos pregos de contratación que foi aprobada por unanimidade na Deputación da Coruña posto que os pregos anteriores provocaban procedementos de contratacións moi lentos, cuestión da que deron conta os Concellos de todas as cores políticas. Pero aínda utilizando estos novos pregos, aínda sen ter que organizar grandes eventos por mor da pandemia (Melindre, festas patronais), aínda contratando unha empresa privada para executar os procedementos (que lle custou ao peto dos melidenses 15.000 euros anuais ademais dos asesores que xa paga para estas cuestións) ademais de posuír máis persoal no concello e menos atención ao público, dous anos e medio despois seguen sen executar todas as obras do Partido Popular e máis as súas propias. 

1,7 millóns de euros + a Piscina climatizada + servizos públicos en fraude de lei

Dende o PP tamén chaman a atención en que esa cantidade é realmente moito maior: pecharon a piscina municipal porque era o día a día do PSOE na oposición e, casualmente, a piscina hoxe en día sigue pechada cando lle pedían responsabilidades ao PP que a mantivo aberta. No ano 2021 orzamentaronse preto de 600.000 euros, euros que quedaron sen executar xa que non se moveu nin un so papel dese expediente. Conclusión: a piscina segue pechada e os melidenses tendo que ir facer deporte a outras vilas. 

A incapacidade de xestión do bipartito encabezado polo alcalde J.M. Pérez non ten parangón. 

Serva de recordatorio, mentras se xestionaba o diario dun Concello durante o mandato popular con todo o que iso supoña o bipartito non conseguiu nin un so convenio, nin un so servizo a maiores dos que xa herdou. A diferencia do que PP xestionou no seu momento novas infraestructuras para Melide: remate da segunda fase da Casa da Cultura e novo Centro de Saúde así como atracción de iniciativas privadas: modificación do plan para a instalación dunha superficie de comestibles.