O bipartito AM-PSOE perde a subvención para o técnico deportivo por non xustificar a tempo
- No BOP do venres 29 de abril de 2022 publicouse a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións para o mantemento ou contratación de persoal técnico-deportivo nos servizos municipais.
- Neste documento aparece que o Concello de Melide "desistiu da solicitude" e polo tanto renunciou aos 10.000 euros de subvención que sufraga a Deputación provincial e que agora, lamentablemente o farán os veciños.
- O PP de Melide solicitará acceso ao expediente na Deputación provincial toda vez que o Concello de Melide da audiencia ao PP para ver os expedientes e obter copia dos mesmos a 4 meses vista de media para informar fehacientemente da "falta de xestión do bipartito AM-PSOE" en asuntos de regularidade municipal.

Melide, 30 de maio 2022.- O PP de Melide solicitará o acceso ao expediente do Concello de Melide no que respecta a contratación de persoal deportivo toda vez que no BOP do 29 de abril do ano 2022 aparece que o Concello de Melide co goberno de AM-PSOE ao fronte "Desistiu da solicitude". Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala que "esta é unha mostra máis da desidia que existe dentro do goberno bipartito de Pérez respecto dos intereses municipais; unha subvención que se solicita e xustifica por defecto dende hai máis dunha década agora pérdese tendo que facer fronte o Concello dos custos do persoal".
O PP decidiu solicitar as causas e a audiencia do expediente na Deputación da Coruña toda vez que o goberno bipartito AM-PSOE ten unha media de acceso aos expedientes de dous meses así como outros dous para obter copia dos mesmos, o que nunca pasou no Concello de Melide, sinala a portavoz dos populares melidenses. "Estamos estudando xurídicamente a falta de aplicación da lei de transparencia de Galicia que tamén engloba ás entidades locais e durante as próximas semanas iniciaremos accións ao respeto; a democracia entendida polo alcalde melidense perde toda a súa substancia" asevera a líder da formación popular.