O bipartito AM-PSOE oculta un informe xurídico trascendental para a compra do terreno

03.12.2022

O grupo municipal popular expuxo onte en pleno ordinario a súa postura, a portavoz Dalia García fixo un rogo no que lle expoñía ao goberno bipartito local a gravidade de ocultar información e a ridiculez dun goberno que xoga ao gato e ao ratón intentando impedir acceder a unha información que nos corresponde por dereito, sinala García. 

O PP realizou dous rexistros de entrada ante as alusións feitas polo alcalde melidense sobre a posesión de informes, unha o día 15 en alusións ás declaración do rexedor en Comisión informativa de asuntos do pleno celebrada o día 15 de novembro e outra o día 23, un día despois do pleno, onde o alcalde dixo ao ser preguntado "os informes estarán cando teñan que estar". 

Ben, o PP recibiu esta semana a contestación e lonxe de ser limpa e transparente ten unha perigosa carga infractora no que respecta ao acceso á información. Esta fotografía é un extracto do que se lle contesta ao grupo popular ante a petición dos informes: 

Respecto ao establecido no punto primeiro segundo parágrafo dicir que o grupo popular recibe a información do expediente no que consta mencionada pero non temos copia "unha providencia do señor alcalde á secretaría para emisión do informe xurídico" do día 2 de novembro de 2022. Ese informe NUNCA chegou a estar nin no expediente da Comisión Informativa nin no expediente que recibimos para o pleno. 

Considerando que os técnicos municipais teñen dentro das súas facultades 10 dias para estudar calquer asunto que lles encomende a alcaldía dentro das súas competencias, consideramos que dende o día 2 de novembro ese informe ten que estar emitido. Informe prioritario, informe trascendental, con que fin se oculta?

É por iso que fixemos o noso rogo en pleno, sinalandolle a gravidade destes feitos en sede plenaria ao Alcalde e ao seu goberno: 

Non consentiremos que se nos oculte información nin neste nin noutro asunto de importancia municipal xa que vulnera os nosos dereitos como oposición lexitima. Instamos ao bipartito Pérez - Prado que se nos faga chegar o informe mencionado e se desterren as prácticas censoras que non se exerceron, ata a chegada deste goberno no Concello de Melide.