O bipartito AM-PSOE gasta 18.000 € nunha empresa de comunicación cando o alcalde ten contratado un xefe de gabinete que cobra 27.000 euros anuais para ditas funcións
- O PP de Melide acaba de constatar os últimos pagos do bipartito AM-PSOE por 1500 euros/mes a unha empresa vinculada ao PSOE coruñés por conceptos como "xestión de redes sociais, notas de prensa e relación cos medios de comunicación" funcións que están recollidas na folla da Relación de Postos de Traballo (BOP 9 de xaneiro de 2020) para o persoal eventual do Concello de Melide.
- Dende o PP consideran que "está é unha mostra máis dun goberno preocupado por vender fume que polos problemas dos melidenses; teñen un xefe de gabinete sen gabinete contratado por 27.000 euros ao ano que ten entre as súas función "as que comprendan a estratexia global de comunicación e relación directa cos medios e redes sociais que implican a cordinación e xestión da comunicación, campañas publicitarias, imaxe corporativa…" e paralelamente se contratan reiteradamente empresas externas para realizar estas funcións o que ademáis de dubidosa legalide contractual é francamente escandaloso"
Melide, 22 de marzo de 2023.- O PP de Melide denuncia a mala praxe do goberno AM-PSOE ao malgastar os impostos dos melidenses por duplicado nunha empresa de comunicación á que lle asignaron durante todo o ano 2022 labores de estratexia de comunicación que ten asignada o posto de Xefe de Gabinete segundo o publicado no BOP do 9 de xaneiro de 2020 e aprobado en pleno polo bipartito.
"Resulta impactante que despois de modificar ata en duas ocasións o posto de persoal eventual na Relación de Postos de Traballo para cambiarlle a denominación así como o soldo, agora atopamonos con que na XGL de febreiro do ano 2023 se paga un total de 18.000 euros a unha empresa vinculada a familiares do socialismo coruñés a que se lle asignan as función que ten Xefe de Gabinete no gobernó municipal" sinala a portavoz do PP, Dalia García.
No PP non entran a valorar a profesionalidade da empresa mencionada pero puntualizan que brillan pola súa ausencia as campañas coherentes de comunicación chegando, nos últimos tempos a colgar videos para promocionar os negocios de hostelería e turismo da nosa vila onde hai negocios que pecharon as súas portas.
Dende o grupo municipal popular consideran que no caso de haber unha situación non prevista do persoal de confianza dentro do goberno bipartito municipal o lóxico é decretar por parte do alcalde o nomeamento doutra persoa porque este é unha praza que depende única e exclusivamente da vontade política dos responsables municipais; aquí está claro polo que se opta, por converter ao Concello de Melide nunha máquina de vender favores políticos que está moi lonxe de atender os problemas de Melide e os melidenses, que lamentablemente están sen arranxar: 1006 días sen solución para a Praia Fluvial de Furelos, case 1300 días sen piscina municipal, por non entrar a valorar a situación das augas depurativas do polígono industrial que segue sen arranxar polo alcalde, o seu goberno o único que fai é lastrar a Melide.