Mulleres por riba de todo: 8M día internacional da muller traballadora

07.03.2020

O 8 de marzo é o día internacional da muller traballadora. O lema escollido este ano pola nosa formación é "Mulleres por riba de todo". 

Deixamos o enlace ao video en que mulleres con cargos activos dentro do PP falan sobre a súa condición de mulleres en política e describen as aptitudes e virtudes das suas compañeiras rivais. 

Dentro do noso grupo municipal gustaríanos que o goberno municipal de Prado e Pérez nos tiveran chamado a unha Xunta de portavoces co fin de consensuar unha declaración institucional xa que non temos pleno ordinario ata fin de mes e facela pública no día de mañá para mostrar o noso apoio unánime na loita pola igualdade en todos os ámbitos da vida. 

Como iso non sucedeu, e non conocemos o programa do 8 de Marzo do actual executivo municipal, dende o PP de Melide compartimos a declaración institucional que asinaron todas as forzas políticas na Federación Española de Municipios e Provincias co motivo do 8M.