Menos conto e máis traballo para o goberno bipartito de Prado e Pérez
Transcorridas dúas semanas, os taxistas seguen na localización inicial que lles foi comunicada por carta polo concelleiro de facenda, Xosé Igrexas, no Cantón de San Roque.
O edil de facenda quedara en facer unha reunión con este colectivo co fin de axustar as demandas ao servizo público do taxi; pola contra, pola súa conta e risco, decidiu mover aos taxistas de sitio, sen unha previa reunión, sen unha sinalización adecuada, e o que foi mais grave, sen o teléfono público da parada.
A xuízo da portavoz popular este feito foi unha demostración máis do "desnorte do goberno bipartito" que camiña xa cara un "tripartito" no que é difícil conxugar a competencia das formacións políticas coas demandas cidadáns.
Sen unha axeitada sinalización, sen a emisión dun bando informativo, sen unha adecuada organización do mercado na praza do Cantón de San Roque os domingos, os taxistas seguen esperando a unha solución e unha adecuada infraestrutura nun entorno xa finalizado.
Agardemos que non se eternice a situación, apunta a primeira edil popular Dalia García.