Melide, elixido pola Consellería de Emprego para crear un polo de emprendemento na comarca

17.01.2023

O goberno galego está a fomentar a iniciativa empresarial para dinamizar o mercado de traballo e fixar emprego, atendendo ás demandas dos diferentes territorios. 


Nestes espazos de dinamización e captación de proxecto, ofrécense, entre outros, servizos de información sobre oportunidades de emprendemento, asesoramento personalizado para cada territorio, espazos de traballo temporal e networking captación de investimento e financiamento e orientación e asesoramento en recursos físicos. Os usuarios, ademáis, poderán acceder a convocatorias anuais de axudas para a consolidación do seu investimento e a xeración de postos de traballo. 

Melide poderá beneficiarse dun polo de emprendemento que dará servizo a toda a comarca fronte ás políticas de abandono do Viveiro de Empresas do alcalde. Así, unha vez máis, vemos que a administración que máis e mellor apoia a Melide é a Xunta de Galicia.