Malestar nos melidenses pola suba desproporcionada que están recibindo das contribuciones das fincas e vivendas nos núcleos rurais con incrementos de entre un 20 e un 100%
- Un recibo tipo (exemplo real) pasou de 424 € a 515,12 € máis os atrasos de 91 €/ano cun máximo de 4 anos. Este exemplo é real, dunha vivenda unifamiliar afincada no rural melidense con licencia de primeira ocupación do ano 2016, polo tanto actualizada catastralmente falando.
- Hai un total de 2.372 afectados nas 26 parroquias do concello melidense.

Fronte a esta suba un xubilado medio de Melide non pode facer fronte ao recibo con tan so un mes da sua paga. Ademáis esta suba ten unha clara desproporcionalidade ao non contar os nucleos rurais con outros servizos: saneamento, auga, beirarrúas ou limpeza viaria...por non dicir que non se incrementou nin un so contenedor de recollida selectiva.
Dende a formación popular, lamentan que o bipartito esté expulsando á xente de Melide xa que é máis barato residir nunha cidade que en calquera vila con todos os servizos.
Pérez e o seu goberno intentan enganar aos melidenses botándolle a culpa ao PP.
Non é nada novo, é a súa dinámica habitual na súa forma de gobernar: sempre é culpa dos demais, entón, para que queremos un alcalde se non é quen de cumprir coa sua obriga? Pérez é incapaz de facer algo beneficioso para Melide.
Para que o teñan claro no goberno municipal de AM-PSOE:
- A regularización que se fixo nos mandatos populares vén dada pola lexislación europea que obrigou ao goberno de España á actualizar os inmobles catastrais non so de Melide, senon nos 8.132 municipios do noso pais.
- Esta obriga transitoria rematou no ano 2015, ano a partir do cal o PP baixou o tipo municipal de IBI ata o 0,45 % para inmobles rurais e rústicos.
Como xa denunciamos (pódese consultar a hemeroteca) a suba á que asistimos agora é froito dunha modificación encuberta dos coeficientes aplicados aos núcleos rurais auspiciado baixo a denominación de "valoración catastral simplificada" como se Melide modificara o seu planeamento.
O 25 de novembro do ano 2020 chegou ao Concello este anuncio da Xerencia do Catastro ao que o bipartito de Pérez non alegou, non informou nin fixo caso.
Quen paga agora? Os veciños e veciñas de Melide.

o PP solicita unha vez máis que se baixe o tipo impositivo e comeza unha recollida de firmas debido ao malestar veciñal, veciños aos cales se lle incrementanos impostos e non os servizos.