Informando sobre as últimas novidades de carácter municipal
O PP de Melide vén de rexistrar unha solicitude de información ao bipartito AM-PSOE relativo ao derribo das casas por parte do Concello de Melide aprobado na XGL do 7 de setembro do ano 2021:
Entre as cuestións que solicitamos están as seguintes:
- Proxecto de demolición das dúas edificacións co respectivo informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
- Actuacións do bipartito AM-PSOE en materia de política social ao ser coñecedores que unha das persoas afectadas polo derribo non conta con outra vivenda nin recursos suficientes para adquirir unha propia en réxime de propiedade ou alugueiro. Plan de continxencia municipal respecto a este asunto de grande preocupación.
- Así mesmo, coñecer o nome dos avogados ou do Bufete de avogados que se personaron no procedemento, en concreto, nas actuacións realizadas este mes de xaneiro no xulgado Contencioso da Audiencia Provincial da Coruña.
- Acceso ao expediente onde consten explicitamente as actuacións realizadas por parte do Concello de Melide durante o mandato AM-PSOE (xuño 2019 ata a actualidade).

O PP de Melide vén de rexistrar unha solicitude de información ao bipartito AM-PSOE relativo ao derribo das casas por parte do Concello de Melide aprobado na XGL do 7 de setembro do ano 2021:
O PP considera que, maila que expresa o seu total respecto ás decisións xudiciais, hai cuestións que considera inxustas así como faltas á dereito realizadas polo actual bipartito encabezado por J. M Pérez, datos que extraerá do acceso a información solicitada, e das que daremos cumprida información cando se nos conteste por parte do bipartito AM-PSOE.
O PP de Melide vén de rexistrar unha solicitude de información ao bipartito AM-PSOE relativo ao derribo das casas por parte do Concello de Melide aprobado na XGL do 7 de setembro do ano 2021:
Dende o PP somos coñecedores que os afectados presentaron un recurso de inexecución da sentencia a pasada semana tal e como se puxo de manifesto polos mesmos afectados nos medios de comunicación, recurso, do que sospeitamos, o bipartito AM-PSOE tiña "demasiada presa" en desestimar.
Dende o grupo popular agardan que se cumpran estritamente os prazos de acceso a expedientes e non se comentan atropelos en asuntos de prioridade municipal co fin de velar polo interese xeral de toda a veciñanza, e en especial, duns afectados aos que se lle debe garantir o amparo dos seus dereitos fundamentais.