II Fase do saneamento de O Rañado comprometida pola Xunta, será remitida ao bipartito AM-PSOE nas próximas semanas

20.01.2022

  • O PP de Melide aplaude o investimento da Xunta en Melide como remate do proxecto iniciado durante o mandato da popular Dalia García en colaboración coa veciñanza que impediu que a primeira fase culminase co proxecto orixinario xa que cuestións de carácter técnico o impediron.
  • Aproximadamente 130.000 € será o que invista a Consellería de Infraestructuras nesta segunda fase do saneameno no lugar de O Rañado, Santa María como xa o comprometera a titular do departamento autonómico Ethel Vázquez, en visita oficial a Melide no ano 2020.

Melide, 21 de xaneiro de 2022.- Os Populares melidensesveñen de recibir a boa nova da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia que nas próximas semanas remitirá ao Concello de Melide a II fase do saneamento de O Rañado. Unha obra, apunta Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, que supón a culminación da fase I iniciada a súa xestión xa no ano 2016, e que agradece, que dende a Xunta apoiasen de novo o compromiso solicitado coa II fase.

Un compromiso apuntan os populares que non so se limita á asinar o convenio senón que supón redactar o proxecto e cofinancialo con máis de 130.000 €. Tal e como manifestar a titular do departamento autonómico en Melide en visita oficial esta fase estaba comprometida e fárase realidade nos próximos meses.

Agardan dende a formación conservadora que o bipartito AM-PSOE non dilate a sinatura do convenio como así o está facer co convenio de canalización das augas á EDAR municipal coa Consellería de Medioambiente coa que xa leva perdido unha anualidade.

Por outra banda, lamentan que o bipartito, lonxe de solicitar servizos para Melide a outras administracións como é a Deputación da Coruña da que non obtivo nin un so convenio en máis de dous anos e sete meses de goberno, critique a Xunta continuamente, que é a única administración que ven apoiando a Melide.