FITUR, unha oportunidade perdida máis do bipartito AM-PSOE

20.01.2022

O PP de Melide lamenta que Melide non teña presenza en FITUR

"A diferenciación é fundamental nun mundo no que todos os concellos teñen que ofrecer, se non se aproveitan as oportunidades hai outros que si o farán" sinalan dende as filas da formación popular melidense, ao lamentar que o bipartito melidense encabezado por J.M Pérez non presionase a unha institución como a Deputación da Coruña ou traballase na liña de colaboración con outras institucións para promocionar Melide e o seu turismo no maior expositor mundial neste eido, FITUR.

Puidemos comprobar que outros concellos similares en habitantes e extensión como é o caso de Padrón ou Vedra si teñen presenza no stand de Terras de Santiago e non existe nin un so folleto ou guía turística de Melide, punto fundamental do Camiño de Santiago, en ano Xacobeo. "Vimos comprobando que a deixadez na dinamización do tecido comercial e turístico de Melide do bipartito AM-PSOE ten repercusións nos niveis de ocupación da nosa vila; como dixemos, se non se aproveitan as oportunidades de promoción e de sinerxias que se brindan nestos espazos desgraciadamente quen o sufren son os negocios melidenses" sinala a portavoz popular Dalia García.

Este ano era fundamental ter presenza pola incidencia que a COVID tivo no tecido terciario de Melide. Defender unha vila segura e vizosa era fundamental, comenta a portavoz dos populares melidenses, Dalia García. 

Os populares melidenses denuncian "unha total falta de política de turismo e dinamización que se limita a subir fotografías repetitivas de Melide; iso se non vai complementado con ningunha acción potente fai que as potencialidades de Melide se desgasten e os niveis de ocupación sexan os peores en moito tempo". Instamos ao goberno local a traballar para que Melide non sufra as consecuencias da sua incapacidade e proxecto para Melide.