Dime de que presumes y te diré de que padeces: AM-PSOE debe aplicarse o conto
Situacións de perigo e de total neglixencia na rede de saneamento en camiños públicos, a escasos metros do casco urbano, polos que a diario transitan vehículos e persoas nas súas andainas.
O tenente alcalde mellor pagado de Galicia presumiu co visto e prace do alcalde da "boa saúde" do sistema de saneamento melidense nun dos últimos plenos do mes de decembro: pois ben, cremos desde a nosa formación que deben traballar máis -(que non é difícil)- e esbardallar menos: é unha total neglixencia ter pozos de saneamento de considerable profundidade nesta situación totalmente abertos a escasos metros do casco urbano.
Tramitaremos ante o organismos de control de vertidos estas auténticas barbaridades que supoñen un PERIGO REAL para calquera.
Chamamos igualmente a atención sobre as "solucións peregrinas" que se executan co coñecemento de ambos os dous (AM-PSOE), Pérez e Prado, ao lado de regatos co fin de evitar os desbordamentos: poñerlle pedras por riba á canalización da boca de saneamento.
Son so uns exemplos das múltiples queixas que nos chegan dende os veciños afectados.
Para que queremos alcalde se a culpa nunca é del?