"Despropósito de xestión" do último pleno extraordinario e urxente por parte do bipartito AM-PSOE

07.03.2022

O pasado día 3 de marzo de 2022 celebrouse ás 14.30 h do mediodía un pleno extraordinario e urxente ao que fomos chamados a penas 24 h antes. 

Os plenos extraordinarios e urxentes son lícitos e son unha facultade que posúe calquer goberno municipal para aprobar asuntos de urxencia. Pero como comprenderedes este asunto, que é a aprobación do servizo de atención temperá do Concello de Melide ten os seguintes antecedentes:

1. Publicación das bases da axuda o pasado 31-12-2021 no DOG. 

2. Publicación da convocatoria o pasado 09-02-2022 no DOG. 

Remata o prazo pasado mañá día 9 de marzo, un mes despois da convocatoria establecida no DOG. O goberno local tivo tempo suficiente, dende o 31-12-2021 para facer as xestións oportunas de asociación cos concellos veciños para prestar o servizo. Esa é a nosa xustificación para votar EN CONTRA da urxencia. 

En canto aos asuntos, minutos antes da celebración do pleno o alcalde falou co noso grupo para informarnos do seguinte:

* Había un error de cálculo no Convenio que se propoñía para a súa aprobación. Iso sería salvable o que non o foi e que se nos mandou o expediente en blanco, tiñamos un Convenio que non posuía nin os Concellos que participaban nin os términos nos que o Concello de Melide prestaría o servizo. 

* Se nos preguntou cal sería o sentido do noso voto xa que a coalición municipal constaba de 6 votos e facían falta 7, maioría absoluta. 

O PP explicou que se era necesario negociar asuntos de importancia municipal se podería haber chamado á oposición en tempo e forma e explicar a situación, non 5 minutos antes da celebración dun pleno ademáis a portavoz popular, Dalia García engadiu:

Primeiro.- Non posuían información ningunha e vistos os informes de Secretaría e de Intevención que acompañaban a un Convenio "modelo" en branco o voto sería o de ABSTENCIÓN xa que estamos a favor do servizo de atención temperá, financiando nun 80% pola Xunta de Galicia pero o que non pode ser é un "cheque en branco" cando vimos a un pleno extraordinario e urxente no que non temos a documentación fundamental e os informes de secretaría e intervención son concluíntes. 

Segundo.- Proponse que o grupo de goberno AM-PSOE deixe o asunto enriba da mesa, retire a proposta, arranxe os informes de Secretaría e Intervención e o voto do PP será A FAVOR. 

Colgamos ás conclusións do informe conxunto de secretaría intervención: 

O PP facilitará a aprobación de asuntos de importancia municipal como considera que é participación na subvención de "Atención Temperá" cun 80% de financiamento da Xunta de Galicia pero considera que isto non son formas xustamente pola importancia do expediente e a súa repercusión. 

Estamos á agarda da convocatoria dun segundo pleno sobre o asunto que previsiblemente se celebrará mañá.