Desmontando outra entrega do "ALÓ ALCALDE Pérez": toda a información aquí
O PP de Melide está canso dun Concello gobernado por uns responsables políticos (Adiante-PSOE) que rexeitan a transparencia e practican a censura.
Cada vez que o PP fai unhas declaracións sobre temas de importancia municipal que non suelen gustar ao bipartito o alcalde adícase a agasallarnos cun dos seus discursos grandilocuentes. Ten todo o dereito a facelo mais como representante dos melidenses debe ser cando menos coherente no que dí.
O alcalde fala de que aumentou os metros de sendas no municipio: senda de O Folicheiro, senda da Martagona e senda de Sabián. Todos proxectos orzamentados e xestionados polo PP. En concreto as sendas da Martagona e do Folicheiro foron aprobadas xa no POS da Deputación da Coruña 2019. Na senda do Folicheiro tanto o alcalde como o tenente alcalde mellor pagado de Galicia (PSOE) que comparten a carteira de obras non se ocuparon de rematar a obra axeitadamente tal e como se pode ver na fotografía. Estamos a piques de comenzar Maio, e a senda da Martagona aínda non rematou a súa licitación.

En definitiva, son como a maioría, obras herdadas do goberno popular 2015/2019 aínda tendo moitísima máis posibilidade de axilizar administrativamente os tempos: durante este mandato 2019/2023 mudaron os pregos de licitación na Deputación da Coruña por UNANIMIDADE debido á queixa constante de todos os alcaldes de todos os partidos políticos cos anteriores. Estamos ás portas de Maio e a senda da Martagona sigue sen estar realizada. Viven de rendas.
Nin un so convenio nominativo da Deputación: a única que financiou obras en Melide ata o momento, 3 anos despois das municipais foi a Xunta de Galicia
Fala o alcalde do saneamento de O Rañado. Un saneamento que a finais de Xaneiro lle informamos de primeira man aos veciños, sabendo da necesidade de apurar os tempos para que se puidera licitar este ano. É a segunda fase dun saneamento que foi comprometido por Augas de Galicia quen fixo o proxecto e financia nesta segunda fase tamén o 80% da obra. Utilizar a locución verbal "por fin" cando tanto J.M. Pérez como J. Prado se adicaron a negar a maior, isto é, a realización da obra unha vez que a nosa portavoz, Dalia García, e os compañeiros do grupo, xunto coa Deputada Popular, Paula Prado lle trasladaron aos veciños de O Rañado, Santa María como estaba o proceso, é unha mostra de cómo funciona este bipartito: obsesionado coa oposición en vez de estar "obsesionado" - enténdase a metáfora- con mellorar a vida dos melidenses.
Hipocresía e dobre moral na organización da Xuntanza de Amizade da 3ª idade por parte do alcalde e o seu goberno

En canto ao Xantar de amizade da 3º idade o PP non pode estar máis sorprendido.
Foron anos nos que o PP organizou este evento cofinanciado cos propios usuarios cun prezo simbólico de 5 € prato e que tanto J.A.Prado (PSOE) como o seu grupo así como AM (ex edís municipais 2015-2018 do BNG) cansaron de criticar.
Sorprende que agora o alcalde, de quen tamén é coñecida a súa negativa opinión sobre a Xuntanza, o anuncie a bombo e platillo.
Entendemos entón que cando o fixemos, aínda que non o recoñeceron, o estabamos a facer ben e os nosos maiores mereciano e merecen todo o agarimo que lle poidamos achegar.