Denuncia ante a Valedora do Pobo a falta de transparencia do goberno bipartito municipal

Transcorridos 7 meses de executivo PsdG-PSOE e AM, o Partido Popular decidiu poñer en coñecemento da Valedora do Pobo a falta de transparencia no acceso á información pública de extrema importancia para Melide por parte dos responsables municipais actuais.
"O alcalde de Melide e os seu goberno debe aprender a respectar as regras do xogo democráticas; estanos resultando moi difícil obter información veraz sobre cuestións de extremada importancia para Melide xa que non se cumpre coa lexislación vixente en materia de transparencia", apunta a portavoz popular, Dalia García.
O Partido Popular de Melide vén de poñer en coñecemento da Valedora do Pobo de Galicia os obstáculos aos que se ve sometido no exercicio do labor da oposición no consistorio melidense. Segundo a portavoz popular, Dalia García, non é a primeira vez que deixamos tempo suficiente para que puidesen organizar a consulta ao expediente solicitado, pois consideramos que pode haber causas sobrevidas que impliquen priorizar asuntos municipais, pero, en todo caso, é sangrante que non se conteste ás solicitudes de información da oposición de maneira sistemática. A oposición ten dereito a que se lle conteste en 5 días, e nun asunto de tal gravidade como a cuestión dos vertidos, estamos informados polos medios de comunicación do que "supostamente" está a facer o bipartito melidense. O día 3 de xaneiro solicitamos o acceso ás actuacións que se realizaran respecto do vertido do día 31/12/2019 denunciado pola Asociación de Troiteiros do Río Furelos e seguimos sen resposta. Tamén preguntamos si nestos 7 meses se proseguira co trámite de execución dos traballos de auditoría que deixara feito o PP no polígono. A resposta é sempre a mesma silencio. A última vez que preguntamos por algo relacionado co polígono industrial, tivemos que reiterar a solicitude, e tardamos 2 meses en acceder ao expediente: de setembro a novembro. Foi a primeira vez, pero non imos consentir que isto se converta no modus operandi deste goberno que debe respectar os nosos dereitos constitucionais.
Dende o grupo municipal popular tamén chaman a atención en que acumulan máis de 3 meses sen ter coñecemento das Xuntas de Goberno local o que dificulta en gran medida controlar ao goberno, xa que as decisións de calado están delegadas neste órgano colexiado municipal; non acceder as mesmas, en tempo e forma, implica que unha vez que se dan revisado, o asunto xa está noutra etapa imposible de seguir.
Por iso, os populares din que é necesario a intervención da Valedora do Pobo, para que a lo menos, as súas solicitudes, sexan contestadas e podan así organizar as súas estratexias de traballo e control municipal; é moi ilustrativo, subliña García, que por primeira vez o alcalde melidense nomease unha concellería de "transparencia" que se adica a facer "mitines" polas parroquias melidenses pero que non cumpra co básico, que é permitir, en tempo e forma, o acceso aos asuntos municipais de especial transcendencia como é o caso das últimas solicitudes.