Decretada a parcelaria Golán-Grobas-Baltar pola Xunta de Galicia

O Consello da Xunta doulle luz verde á parcelaria Golán-Grobas-Baltar o pasado xoves. Afectará a 335 propietarios e concentrará 1.117 ha de terreo.
No ano 2016 reactivamos esta demanda na zona que viña de vello e grazas á implicación de veciños e veciñas no proxecto coas súas sinaturas a Consellería de Medio Rural activou todos e cada un dos procedementos para ter no día de hoxe o decreto asinado polo Consello da Xunta.
A partir de aí iniciaranse os traballos para o acondicionamento de viais e restructuración agraria que terán como límite unha duración de 5 anos segundo a lexislación vixente.
Dende o PP de Melide estamos moi satisfeitos con esta decisión do goberno do Presidente Rueda xa que responde a unha necesidade de concentración dos terreos para darlle viabilidade ao medio rural. Dalia García, portavoz dos populares melidenses amósa no nome do seu grupo "o meu agredecemento a todos os que participaron na reactivación deste proxecto, así como á Xunta de Galicia por atender as demandas que lles trasladamos dende Melide; de seguro será outro acerto xa que as zonas onde máis riqueza e incorporación ao rural se produciron cando estabamos no Concello foron sempre as concentradas, de aí a importancia destas decisións".
