Cuestión de prioridades
Gobernar é ademais de tomar decisións, cuestión de priorizar co fin de, coa decisión política acordada, cubrir ás máximas expectativas veciñais, e polo tanto, cumprir da mellor maneira co interese xeral.
Facemos está reflexión porque até o momento o goberno municipal de Pérez e de Prado parecía non ter moi claro que gobernar era, ademáis de pactar soldos e crear postos de asesores, tomar decisións que afectan a vida cotiá das persoas.
O pasado venres día 6 de setembro tarde recibimos unha convocatoria para un pleno extraordinario co fin de aprobar a participación na 2º fase do plan provincial de cooperación de obras e servizos de competencia municipal (POS+ADICIONAL 1/2019) da Deputación da Coruña, pleno que se celebrou finalmente ónte mércores día 11. Podedes consultar a convocatoria e a orden do día aquí.
Aínda que foi un pleno extraordinario, tal é como reza a convocatoria, este non foi urxente, polo que lamentamos non ser convocados á comisión informativa de asuntos do pleno, previa e exigible por lei, para ver cales eran as propostas do goberno. Ou...xa que falar non ten cancelas... incluso...poder propoñer obras e así facer gala do carácter "aberto e transparente" que pregona o goberno local de Adiante Melide - PSOE ou PSOE-Adiante Melide, e que xa vos dicimos que por agora presumen e máis nada, para os 249.782,50 € que quedaban pendentes de decidir a que se adicaban.
A nosa sorpresa foi que a obra escollida para tal obxecto foi "Proyecto básico e de execución, adecuación e posta en valor da rúa San Pedro Melide" na que se van investir finalmente 249.782,49 €.
Por suposto, o grupo Popular sempre vai estar de lado dos veciños e veciñas de Melide e por iso o seu voto no pleno foi a FAVOR, xa que entendemos que os investimentos son, todos beneficiosos, e, cantos máis mellor. Sen embargo, sí nos permitimos facer unha serie de apreciacións ao goberno local sobre o que sen entende por priorizar e cumprir co interese xeral da maior forma posible:
- Aledanos sobre maneira, que, tomen a decisión de seguir na senda iniciada polo goberno do PP con respecto ao casco antigo e o Camiño De Santiago en xeral, tendo como exemplos a Rúa San Antón (fase 1 e fase 2), Mestre Segade Bugueiro (en fase de licitación actualmente) ou o Cantón de San Roque e Avenida de Lugo (adxudicados a semana pasada os xogos para Parque Infantil), combinando a política de restauración e rehumanización de vías en áreas de Melide moi necesitadas polo estado do pavimento ou pola falta de servicios básicos, cuestión que aplaudimos, e que nos outorga a lexitimidade de ter as cousas ben feitas.
- Sen embargo, non entendemos cal vai ser o orde de prioridades deste goberno no que respecta ás obras a proxectar no casco antigo e neste caso no que respecta á rúa principal e rúa de San Pedro, xa que a vía inmediatamente anterior, a Rúa do Convento (todo o entorno da fonte dos Catro Caños, beirarrúas da ronda da Coruña e travesía do Convento ata o empedrado actual de granito pardo, antesala da maxestuosa Praza do Convento) posee un estado lamentable e foi, por desgracia, fonte de numerosas caídas debido ao estado do pavimento desta rúa. Pode verse in situ, deixamos unha fotos a continuación.
3. Como dixemos anteriormente, e coherentemente votamos no pleno, estamos a favor de que se propoña o arranxo de rúas no casco antigo, pero cremos que un goberno ten que ver as necesidades, e xa postos, as fochancas, e por suposto un plan de actuación. É por iso que preguntamos no pleno polo proxecto que nós como anterior goberno, deixamos para esta rúa, entre outras, con permiso xa favorable de Patrimonio Cultural, con posibilidade de executar dito proxecto por fases, sendo esta unha magnifica oportunidade para iniciar a recuperación da súa posta en valor. Proxecto feito, permisos solicitados, permisos favorables, cero problemas. Pero claro, eso significava darlle á razón ao anterior goberno. E como diría máis dun que hoxe se senta no goberno "por aí non pasamos".
O que se nos contestou, -non por parte do Alcalde sequera, que tornou mudo nos plenos, metáfora dun xuíz con voz pero sen voto dentro do seu propio cortixo-, por parte do portavoz de AM, e super Concelleiro x+1, Xosé Igrexas, e que "non se desbotara o proxecto anterior, pero, bueno, que era cuestión de escoller".
Un proxecto novo, sen permisos necesarios para a súa aprobación, fronte a unha rúa que necesita atención, á vista está o estado no que está.
Un proxecto novo, que, polo pouco que poidemos analizar sobre a solución constructiva prevista, en pleno Camiño De Santiago, variante francesa, dubidamos que non teña que voltar á pleno para facer axustes, xa que non se propón unha solución harmónica para as rúas coas que conecta, véxase empedrado da Rúa dos viños (Camiño de Ovedo e o Cruce coa Rúa Principal) fronte ao formigón que se propón...(formigón por certo, que van cansos de criticar tanto os Socialistas, que parecen ter moito peso tanto no económico,-xa entendemos-, como en todo o que quere facer AM).
Augurao xa o informe da Secretaria Municipal que se adxunta ao expediente: "Segundo o agrego 147 da Lei 2/2016, Lei do Solo de Galicia, en relación co artigo 365.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aprobó o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, as obras públicas municipais enténderanse autorizadas polo acordo de aprobación do proyecto, previa acreditación no expediente do cumprimento da lexislación urbanística e de protección do medio rural, así como do planeamento en vigor, polo que é preciso contar no expediente á aprobación do proyecto, coa autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural", cousa que lamentablemente non ocorre neste caso. E outras autorizacións, das que carece, e lamentablemente tampouco constan no expediente nin a súa solicitude.
Como noutros casos, neste podemos aplicar aquela cita famosa "Non me digas onde están as túas prioridades. Móstrame onde gastas os cartos e direiche cales son".
Fin de la cita.