Cos nosos aforros, pelotazos urbanísticos NON!

30.11.2022

O PP vén de votar en contra da adquisición directa que o alcalde e os seus socios (PSOE) elevaron o pasado martes a pleno extraordinario aprobando a adquisición directa do terreo que actualmente se utiliza como"leira parking" co seu voto favorable, aínda cos informes desfavorables de varios técnicos municipais. 

O alcalde e o seu goberno pretenden adquirir directamente por un total de 932.000 € un terreo que ten a calificación de "solo urbano consolidado" esto é, un solo que de desenrolarse ten a calificación de residencial e polo tanto, so podería adicarse á promoción de vivendas. 

Pola contra a "Memoria de Alcaldía para adquisición directa deste terreo" reza que se pretende adquirir para adicalo a aparcadoiro, feiras, mercado ambulante, festas entre outras cuestións. Estes usos so poderían ser autorizados de tramitarse o pertinente procedemento de cambio de uso, cun custo importante en recursos humanos e económicos para a facenda municipal, custo que non está contemplado no expediente que se votou en pleno e que ten o apoio do grupo de goberno. 

Ademáis, preténdese pagar a prezo de solo urbano non consolidado uns usos que poden executarse en terreo rústico, é dicir, o prezo do solo rústico está de media no mercado a 3 €, e de seguir adiante, os melidenses terano que pagar a 231 €/metro cadrado. 

Os informes económicos que constan no expediente din que de executarse esta operación o aforro municipal pasará de 4,5 millóns de euros a - 1,5 millóns ao sobrepasar o límite de gasto permitido pola Intervención Municipal do remanente de tesourería as operacións que foron propostas por Am-PSOE. Pasamos pois, dunha situación moi favorable que debería reverter nos melidenses en máis e mellores servizos a investir os aforros municipais nun auténtico "pelotazo urbanístico". 

O informe do asesor xurídico municipal constata que a "adquisición directa" non é o procedemento prioritario para adquirir bens por parte do Concello e tería que cumprir con criterios de "urxencia" e de "excepcionalidade". 

Nós preguntamos, que criterio de urxencia se cumpre se ese terreo está sendo utilizado en precario polo Concello de Melide dende hai dous anos? 

Que criterio de excepcionalidade cumpre se existen terreos no casco urbano que poden ser ofertados polos particulares para a súa adquisición polo Concello de Melide? So fai falla botar un ollo ao plano do casco urbano e vemos terreos que cumpren con esas características. Vexan: 

Ademáis,  a finca principal que se pretende adquirir está afectada por cargas xudiciais, sentenza que obriga aos propietarios ao derrubamento do inmoble, inmoble que deben derrubar os responsables de telo construído fóra de licenza e que NON é xusto nin razoable que se faga cargo del o Concello de Melide. 

Recórdamoslle ao Sr. Pérez que unha nota simple non cruza as sentenzas xudiciais que pesan sobre unha construcción a non ser que se incriban directamente no Rexistro da Propiedade. Pesa sobre esta propiedade unha Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que non se reflicte no expediente e que o PP informou debidamente ao alcalde e ao seu grupo da súa existencia. 

Non imos permitir que se nos tome o pelo cun tema tan importante para Melide. 

COS NOSOS AFORROS, PELOTAZOS URBANÍSTICOS NON!