O socialista Gónzalez Formoso visita Melide repetindo a mesma cantinela de sempre pero sen aportar nada novo ao municipio a 7 meses das eleccións municipais

- O PP de Melide parabeniza ao socialista Gónzalez Formoso por interesarse por temas prioritarios para Melide como é o solo industrial a tan so 7 meses das eleccións municipais.
- Para os populares é algo que Formoso e o seu equipo adoitan facer cando as enquisas lle preocupan; O grupo municipal popular recorda visitas idénticas nas últimas eleccións de 2019 ao parque empresarial na que Formoso e os socialistas melidenses instaban ao desenrolo de solo industrial. Máis de tres anos despois, o único goberno que iniciou os trámites foi o do PP.
- O PP de Melide quere deixar claro a situación do municipio en canto a este tema para evitar "enganos ou faltas á verdade" por parte do bipartito municipal AM-PSOE apoiados por unha institución que é de todos, a Deputación, cara os veciños e veciñas de Melide:
Primeiro.- Actualmente non hai solo industrial dispoñible no municipio. É o Concello gobernado por J.M. Pérez e Prado quen ten a competencia para recalificar o solo e provelo como industrial.
Segundo.- Para iso ou ben aborda o PXOM ou ben propón unha modificación puntual. Isto que era reclamado continuamente por socialistas e nacionalistas (AM) na oposición parece caer no esquecemento no goberno municipal.
Terceiro.- O Concello de Melide non pode formar parte do Plan Sectoriais de Áreas empresariais porque non o solicitaron.
Cuarto .- A SEA -Sociedade Estatal do Atlántico- non pode desarrollar solo en Galicia, excepto que o solo teña calificación de industrial, cuestión que non acontece en Melide e que xa non é a primeira vez que desmentimos. Aquí deixamos algunhas probas do 20 de novembro de 2019 sobre o que estamos dicindo: o desta semana foi "máis do mesmo".
Dende o PP de Melide instamos a que se deixe de mentir aos empresarios e a posibles inversores sobre a situación do solo industrial no noso concello e quen agora ten responsabilidade de gobernar debe deixarse de "lanzar globos onda" que non teñen nada de real. Nin Melide nin os melidenses o merecen.