COMUNICADO DE PRENSA
O PP de Melide foi convocado a un pleno extraordinario e urxente que maila ser legal acorde a lexislación local carece de sentido ao tratar os mesmos puntos que os tratados no primeiro pleno de organización celebrado o día 18 de xullo.
Sendo que esta é a maneira habitual de convocar do executivo encabezado polo alcalde J.M. Pérez baleirando os plenos ordinarios de contido, o PP de Melide demostrou no pleno que a urxencia da sesión no atende a criterios de gobernabilidade xa que se produciron adxudicación de contratos menores por parte do Alcalde e se celebrou unha XGL dende que foi investido coa responsabilidade que lle corresponde.
O PP de Melide tampouco consinte, por terceira vez, que o reparto de salarios en réxime de dedicación exclusiva sexa desigual producíndose unha clara discriminación laboral en detrimento das mulleres. As mulleres do executivo melidense serán as que menos cobren, 33.000 euros fronte ao segundo tenente de alcaldía, Xosé Igrexas, ex voceiro do BNG e actual voceiro de AM, que cobrará 35.000 euros. Dende o PP de Melide consideramos que as Administracións Públicas deben ser exemplarizantes e non hai nada que xustifique dita desigualdade laboral blanqueada tanto polo BNG como polo PSOE, pese a ser recoñecida dita incoherencia polas forzas políticas que sustentan a Pérez no anterior pleno.
O BNG cansou de repetir en campaña electoral que as contías reservadas ao persoal eventual -posto que no Concello de Melide baixo o executivo de Am ten a denominación de "Xefe de Gabinete" co único pretexto de que esta persoa cotice un grupo A xa que deste posto non depende xerarquicamente ninguén e desenvolve segundo se pode consultar en documentos oficiais tarefas puramente administrativas-, se destinaría a gastos sociais (en concreto un psicólogo), parece canto menos sorprendente o cambio radical de opinión do seu voceiro Xesús Pereira, que coa súa abstención facilitou a existencia deste posto, que é, como sempre temos defendido unha cuarta dedicación exclusiva encuberta xa que esta persoa concorreu ás eleccións na lista de AM.

Dende o Grupo Municipal popular lamentamos que a vontade de bloquear un goberno da lista máis votada, con seis concelleiros, lastre o interese xeral dos melidenses, e que o servizo público signifique a reedición dun pacto que foi anunciado polas tres forzas políticas que o conforman pero sen unha explicación clara e concisa dos puntos do mesmo. O PP esixirá transparencia en cada decisión tomada polo tripartito municipal.
Dende o PP de Melide queremos deixar claro que faremos unha oposición dende o respecto e a fiscalización dos asuntos locais tal e como nos corresponde fronte a un goberno de perdedores que o único que lle preocupa, como levan demostrado nestos 2 meses posteriores ás eleccións, o reparto de sillóns e salarios.
Melide, 3 de agosto de 2023