COMUNICADO DE PRENSA
Coñecidas as últimas informacións dadas polos Socialistas de Melide xunto co Secretario Xeral do PSOE, Bernardo Fernández dende o PP de Melide INFORMAMOS:
1.- A Xunta de Galicia leva apoiado a Melide en múltiples investimentos en todos os eidos, pero se nun é punteiro é en materia de saneamento. Os dous treitos de saneamento na parroquia de Santa María xestionados no mandato 2015-2019 e executados no actual mandato e froito do traballo anterior son froito dos convenios de colaboración continua con Augas de Galicia para mellorar a calidade de vida dos veciños deste e doutros puntos do Concello.
2.- É faltar a verdade dicir que a Xunta de Galicia desatende as súas competencias cando ten investido máis de 2,8 millóns de euros no mantementos e explotación da EDAR municipal de Melide cuxa xestión lle correspondería por lei ao Concello. O PP recorda que o tratamento de augas residuais urbanas é unha competencia municipal, tal e como establece a Lei de réxime local, e a pesar diso, a Xunta está a xestionar a depuradora de Melide desde o ano 2007.
3.- Augas de Galicia redactou tamén o proxecto para a conexión do polígono industrial da Madanela á EDAR, proxecto que foi enviado ao Concello en decembro do ano 2020. Precisamente ao respecto desta actuación, A XUNTA ACORDOU CO CONCELLO DE MELIDE QUE ESTA OBRA SE FINANCIARÍA A TERZOS ENTRE A XUNTA, O CONCELLO E A DEPUTACIÓN, tal e como recolle o acordo plenario aprobado no propio Concello de Melide. Polo tanto, non se entenden as declaracións realizadas a este respecto polos Socialistas de Melide e o seu Secretario Xeral, na que elude a súa responsabilidade e o compromiso adquirido entre Xunta e Concello.
4.- A Xunta tamén entregou ao Concello o Proxecto de Rexeneración da Praia Fluvial do Río Furelos, proxecto que está informado favorablemente con todos os permisos sectorais xestionados e que, sigue metido nun caixón a pesar de que o PP de Melide deixou un Concello totalmente saneado económicamente (4,5 millóns de euros de aforro municipal).
5.- En materia Educativa non temos coñecemento de que o actual bipartito Municipal se reunise, nin unha soa vez, cos responsables da Xunta en materia educativa para trasladarlle as demandas de Melide, so se fixo eco das mesmas tanto AM-PSOE unha vez que o PP se reuniu cos representantes das ANPAS de cara a presentación dun programa realista e acorde coas necesidades de Melide.
6.- O PP pon en valor o trabalo feito en anteriores lexislaturas onde cada CEIP máis o IES de Melide se beneficiaron cada seu centro de investimentos: cambios de cuberta no CEIP A Martagona, arranxo de WCs, cambio de carpitarías, mellora da eficiencia enérxética, reforma integral do CEIP número 1, arranxo das demandas do CEIP Mestre Pastor Barral; e por destacar no IES de Melide posta en marcha da Escola de Idiomas durante o mandato popular servizo que deixou caer o actual bipartito AM-PSOE.
Dende
o PP de Melide falase con datos e con feitos durante 4 anos e non a a penas 25
días das eleccións municipais. Foron moitas as ocasións onde no pleno municipal
os 6 edís do PP de Melide se puxeron a dispor do goberno para solicitar
investimentos e convenios. É curioso
que o actual responsable da portavocía da Deputación da Coruña, Bernardo
Fernández, veña a Melide despois de 4 anos sen asinar nin un so convenio para
Melide cando a Deputación é a administración que debe de apoiar xurídica e
económicamente aos Concellos e a Xunta pola contra, investiu en Melide en
servizos e mellora da calidade de vida dos melindeses