Censura na Radio Pública Municipal: monopolio no uso partidista dos medios públicos. A política de comunicación de AM-PSOE

- O PP de Melide denunciará ante a Valedora do Pobo a utilización partidista da páxina de todos e todas os melidenses, ata o mandato pasado totalmente institucional, "agora é o altofalante partidista de AM-PSOE pagada con cartos públicos" sinala a portavoz do PP, Dalia García.
- Ademáis de difundir información que falta á veracidade de asuntos de calado municipal, utilizan un medio local como Radio Melide de maneira monopolizadora, ao rachar, so pretexto da pandemia, coa tradicional quenda de políticos na Radio Municipal e deixar sen minutos nunha radio pública ao partido que máis votos e representación alcanzou nas pasadas eleccións municipais.
- A última "falcatruada deste bipartito" foi a intervención do portavoz de AM-PSOE esta maña na Radio Municipal desta mañá para difundir mentiras nun espazo público pagado por todas e por todos. Os populares solicitarán esta grabación para adxuntala como proba ante a Valedora para reclamar un uso en función da representación acadada nas anteriores eleccións municipais, ao igual que se fixo sempre en Melide.
Os populares melidenses denunciarán ante a Valedora do Pobo a situación na que se encontra a utilización netamente partidista dos medios municipais que deberían ser so e unicamente institucionais como o teñen sido ata o mandato 205-2019 do Partido Popular.
Dalia García sinala que "é un auténtico atranco á democracia, ao pluralismo político que unha Radio local como é Radio Melide se utilice como un "aló presidente" do señor alcalde e o seu goberno para difundir mentira tras mentira algo que non vamos consentir e no que anuncio, chegaremos ata o final para reclamar o noso dereito á participar como forza política maioritaria no Concello".
A todo isto se lle engade a constante utilización partidista das redes e da páxina institucional do Concello de Melide onde nomean continuamente á ex cargos políticos locais así como alusións constantes ao Partido Popular, quedando este sen dereito á réplica nin nas ondas nin na páxina de todos e de todas.
"Iniciaremos unha campaña para limitar este monopolio partidista de AM-PSOE que con Pérez a cabeza manifesta claramente a sua intención totalitaria e autoritaria de presidir este Concello esquecendose cales son as regras do xogo: vivimos en democracia, sinala Dalia García, a primeira edil melidense dos populares".