Cando os regos teñen chea, nunca limpa a auga levan
No día de onte, outonal, frío e chuvioso o manto do serán pronto se pousou sobre Melide para anunciar a noite. Estamos en novembro e como reza a sabedoria popular Antes de san Martiño, pan e viño; despois de san Martiño, fame e frío.
Pouca tradición galega deben coñecer os responsables municipais, algúns de sinalada orixe nacionalista, ao pedir desculpas no día de hoxe nas RRSS do Concello de Melide polas enchentes producidas no día de ónte. Incluso achegan un gráfico explicativo para dicir o que todos xa sabemos, que no día de onte, outono, choveu.
Choveu porque en Galicia temos un clima atlántico, que forma ademáis parte do noso carácter como galegos. No día de onte, o Concello de Melide non foi avisado de ningún episodio metereolóxico adverso por parte da Axencia de Emexencias de Galicia, como normalmente sucede cando se preveen cuestións deste tipo; simplemente foi un día máis, un martes máis.

Aproximadamente ás 18,30 h producíuse unha enchenta na Ronda da Coruña, a auga asolagaba o carril dereito da calzada dirección Pontevedra supuxo a actuación da Axente da Policía Local que tivo que desviar o tráfico e cortar o carril.
Dende o Grupo Popular chámanos poderosamente á atención que o PP denunciara a falta de mantemento da rede de sumideiros municipais na prensa esta mañá e a penas unhas horas despois Prado e Pérez decidisen publicar unha "excusa" ás presas e correndo sobre os acontecementos do día de ónte.
Queremos aclararlle ao goberno de Prado e de Pérez,-ou Vi-Concelleiros/Vi-Alcaldes-, o que sigue:
En Melide, como en Galicia, chove comúnmente nos meses de outono e inverno. Rexístranse menos precipitacións na primavera, e ainda que non nos guste, un día do San Roque sempre chove.
Eso significa, Vi-Concelleiros de Obras, que deben vostedes manter en adecuadas condicións a limpeza da rede de sumidoiros municipais. Programar a limpeza, tal é como vostedes mesmos din na súa nota, para o día 12 de outubro, día do Pilar, día non laborable, da abondo que pensar sobre a falta de previsión deste Goberno.
- A política de culpar ao outro é algo no que vostedes son uns maestros. A Xunta de Galicia ten competencias sobre a estrada e o firme, NON sobre a rede de saneamento, que por se non se enteraron aínda, despois de 5 meses no goberno, é de competencia municipal.
- Anden un pouco máis polo pobo, do que parecen esvaecidos dende que vostedes ocupan o Pazo Municipal, seica agobialles moito a xente, xa que no día de onte non so se detectaron enchentas na Ronda da Coruña e Travesía do Convento. Tiveron vostedes diferentes chamadas, das que preocupa a situación de seguridade da ponte de Portochao.
- E por último, dicirlles que depois do outono, vén o inverno. E seguirá chovendo. Fagan o seu traballo.
A sabedoría galega popular reflexo fiel da realidade, non importa os anos que pasen, xa o dicía: Cando os regos teñen chea, nunca auga limpa levan, pois cambien regos por sumidoiros e xa teñen a solución.