Camiño cara as eleccións autonómicas: Ánxeles Vázquez, cabeza de lista pola provinda da Coruña

02.03.2020

O pasado sábado, 29 de febreiro, o presidente Feijoo presentaba as cabezas de lista pola catro provincias galegas: catro mulleres de recoñecido aval político encabezarán as listas de cara as vindeiras eleccións autonómicas. 

Corina Porro, acompañará ao presidente na provincia de Pontevedra; Marisol Díaz repetirá como número un pola circunscripción de Ourense; Elena Candia, ata hoxe alcaldesa de Mondoñedo, será a elixida para capitanear a provincia de Lugo e a melidense, Ánxeles Vázquez, ata agora Conselleira de Medio Ambiente, será a número un pola provincia da Coruña. 

Catro mulleres de recoñecido bo facer dentro do Partido e dende as súas responsabilidades xestoras serán as encargadas de coordinar a estratexia do PPG nas catro provincias galegas. 

Mención especial queremos facer os populares melidenses á nosa presidenta local, Ánxeles Vázquez, compañeira e amiga, levará A Coruña ao máis alto con Melide sempre presente. Noraboa!

#GaliciaÉMoito #Feijoo2020 #ElecciónsAutonómicas