Balance sobre o último pleno extraordinario municipal

11.11.2022

O pasado martes fomos convocados a un pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Anti-Fraude da Deputación da coruña, de aquí en diante PREMADECOR. 

O plan en si, foi aprobado o 23 de xuño de 2022 no Boletin oficial da provincia, e dende o día 24 calquera Concello podería incluírse dentro do plan. 

Recibimos o plan como unha cousa positiva, que foi votada por unanimidade por todos os grupos políticos da Deputación da Coruña, non obstante, cremos que puidemos ter aforrado a sesión extraordinaria do pasado martes nos a lo menos tres plenos ordinarios que precederon a esta sesión. 

Por outra banda, chámanos a atención que uns plenos se retrasmitan á veciñanza e outros non, se hai sesión plenaria e se decidiu retrasmitir as sesións, sen previo aviso ao PP, dito sexa de paso, cremos que é coherente e necesario que sexan todas e non so as que "convén" as que se retrasmitan. 

O PP votou a favor desta iniciativa e abstivose en canto ao que respecta á urxencia da sesión.