Balance do primeiro pleno ordinario da lexislatura 30/07/2019
O novo mandato iniciouse o día 15/06/2019 co pleno de investidura onde como sabedes foi investido o candidato de Adiante Melide como alcalde cos votos a favor do PsdG-PSOE. No pleno extraordinario do 08/07/2019 o novo goberno refrendou o que xa sabíamos "off the record"o pacto de goberno que lle custa aos melidenses 32.605 € ao ano máis que o goberno popular. En todo caso, como teremos tempo de analizar ditos temas por separado, deixamolos para un futuro post.
No primeiro pleno ordinario da lexislatura poidemos constatar que os primeiros pasos do novo goberno local son canto menos dubitativos en canto ao que a transparencia se refire. Dentro da orde do día dos plenos ordinarios sempre hai un punto referido á consulta por parte dos grupos políticos das decisións do goberno durante os 2 meses que por lei existen entre pleno e pleno.
O grupo popular, tendo na súa posesión a relación de decretos que iban ser levados á sesión plenaria, decide consultar, como era habitual ata o momento, dez das decisións do goberno, encontrándose coa resposta seguinte: "falta de medios materiais" e "falta de medios humanos" para realizar dita consulta, sendo que é dereito recoñecido dentro do Reglamento de Funcionamento Interno das Corporacións Locais (ROF) ter a dispor dos grupos dito expediente para a súa consulta antes do pleno.
Aínda que somos conscientes de que a excusa manida de "acabamos de aterrizar" é a resposta reiterada do novo executivo local para calquera cuestión relativa á xestión municipal, nunca ocorreu que en asuntos de trámite ordinario, como é o caso da consulta do que por dereito nos pertence se nos negue e se nos obrigue a iniciar de novo o procedemento.

Agardemos que esta non sexa a tónica habitual do suposto "aire fresco" do goberno melidense do cambio aínda que seguimos agardando a que se nos convoque a Xunta de Voceiros que soslicitamos o día 18 de xullo para a informarnos sobre o maior desastre das últimas décadas que tivo lugar no rego Piñor, afluente do Río Furelos. Imos comezar o novo mes e seguimos agardando. A esperanza é o último que se perde.