As eleccións que non tocaban: camiño cara o 10N

23.10.2019

No día de ónte fomos os anfitrións dos concellos que conforman o partido xudicial de Santiago Norte co fin de analizar o camiño a seguir nas vindeiras eleccións do 10-N. Portavoces e alcaldes de Arzúa, Santiso, Toques, Boimorto, Touro, O Pino, Frades, Trazo, Oroso, Ordes, Tordoia e Mesía mantivemos unha xuntanza de traballo de cara as vindeiras eleccións xerais de novembro. 

Acompañounos o Presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, a Conselleira de Medio Ambiente, Urbanismo e Vivenda, Ánxeles Vázquez, o coordinador de campaña, Evaristo Ben así como os membros da candidatura ao congreso dos deputados e ao senado pola provincia de A Coruña. 

As segundas eleccións xerais do ano 2019, unhas eleccións que non tocaban, e que son a capricho do Sr. Sánchez, Presidente do goberno en funcións dende fai un ano e medio. Incapaz de achegar posicións, de rachar cos pactos con forzas anticonsticuionalistas en Navarra, provoca, unhas segundas eleccións en menos de 6 meses. 

Que significa o goberno do PSOE para Galicia?

A crise industrial á que o goberno central está sometendo ao noso país cos casos de Alcoa, Endesa ou Ence provocará unha reconversión  sen unha transición ordenada e planificada cara outro modelo produtivo. Afectará a centos de empregos directos e indirectos, ao prezo da enerxía e a milleiros de economías domésticas galegas. 

Os 700 millóns de euros que o Estado adebeda a Galicia e que so, ante a convocatoria duchas novas eleccións se comprometeu o pagamento dunha parte das obrigas estatais, ainda estas sen liquidar afectan á estabilidade financeira dos galegos e galegas. Comunidades Autónomas como a nosa, Deputacións como a da Coruña e Concellos como Melide son neste momento acreedores do Estado pola incompetencia absoluta do goberno socialista. A Comisión Europea remata, por primeira vez en anos despois da peor crise económica do novo milenio, de advertir ao Goberno de Sánchez do que supoñerá o 2020 se a situación política segue como está: totalmente empantanada. 

A desidia e absoluta discriminación á que se viu sometida a nosa comunidade autónoma coa presentación dos orzamentos estatais fallidos que deron lugar ás eleccións xerais do 28 de abril de 2019 onde Galicia tiña un ranking de investimentos dun menos 30% con respecto ao resto das CCAA son algúns dos exemplos aos que como españois, como galegos e como melidenses sufrimos. Bo exemplo do que estamos a falar é a Autovía Lugo-Santiago, da que até o momento sabemos que a Xunta desbloqueou a proposta do Ministerio de Fomento para poder realizar os axustes no tramo Palas de Rei - Melide pero, amigos e amigas, é a Ministra de Transición Ecolóxica, máis verde que ninguén quen agora é incapaz de ponerse dacordo co seu compañeiro de goberno ao lado de quen se senta todos os venres no Consello de Ministros. 

A ruptura da convivencia democrática en Cataluña. A primeira crise grave do noso sistema de convivencia Constitucional que tanto benestar nos ten dado. A filtración dunha Sentencia do Tribunal Constitucional á prensa. Claro está que hai certos medios de comunicación deste noso país España que parecen o BOE. Lamentable. 

E se as cousas non van como deben...sempre quedará, para movilizar á esquerda, recorrer a Franco. 

Este é o panorama co que nos encontramos. 

Non fai falla máis que sair á rúa ou compartir unha comida familiar para saber da fartura que a cidadanía mostra cara a nova convocatoria electoral. Unha cita electoral, reiteramos que non tocaba. Sen entrar xa a debater sobre o custo que supón para o peto do Estado, -que dito sexa de paso, estaría mellor investido nun tramo de autovía ou, por exemplo, en máis e mellores infraestruturas sanitarias-, tampouco podemos obviar que como demócratas temos o deber de participar no sistema. O dereito de decidir. 

O vindeiro 10N España xógase moito. 

Recordemos que é moito máis o que nos une que o que nos separa. 

España. Galicia. Melide. 

Sempre.