Aprobada por unanimidade a moción presentada polo PP para evitar a desconexión de liñas de bus que pretende o goberno estatal de Sánchez
- O PP de Melide presentou de maneira urxente unha moción sobre a necesidade de adoptar un acordo sobre o novo mapa de transportes do goberno central que afectará a Melide se a situación non se corrixe.
- Dalia García, a portavoz dos populares melidenses: "se non somos capaces de parar semellante atropelo Melide será xunto con outras vilas un páramo no que a conexións de BUS se refire; o goberno de Sánchez non pode aplicar única e exclusivamente criterios economicistas e de suficiencia económica para decidir prestar ou non un servizo público; se queremos ter futuro para o rural e unha taxa de empadroamento que nos permita seguir prestando servizos o primeiro é estar ben comunicados".
Melide, 9 de xuño de 2022.- "Estamos orgullosos de chegar a consensos sobre temas de interese municipal" aínda que botamos de menos unha resposta máis rápida e concisa por parte do bipartito de Adiante Melide e o PSOE que en declaracións feitas no día de hoxe a unha coñecida cadena de radio nacional intentou confundir este grave asunto coa concesión que actualmente xestiona a Xunta entre Lugo e Santiago e que non ten nada que ver co que estamos a tratar .

O PP segue a defender que a Xunta no seu Plan de Transportes aumentou un 160% as paradas respeto ao que existía anteriormente mentras que o goberno central pretende eliminar 76 servizos intraautónomicos e deixar a 136.000 mil galegos sen servizo. Esta é unha diferencia fundamental á hora de gobernar, uns manteñen servizos públicos e outros, simplemente borrannos do mapa.
Recordan dende o grupo municipal popular que a Xunta adaptou o seu Plan de Transportes á normativa europea sacando a contratación as rutas que previamente estiveron expostas a información pública. Dalia García recorda "se tanto Prado como Pérez teñen coñecemento de que a empresa concesionaria non cumpre cos servizos deberían ser honestos e darllo a coñecer ao organo competente porque existen medidas legais para rescindir un servizo se non se está prestar adecuadamente, cuestión que tendo resposabilidades de goberno deberían coñecer". Buscar un motivo para excusar o comportamento do goberno central para coa nosa comarca non ten sentido nin axuda aos melidenses.
Os populares confían que o goberno central de Sánchez deña marcha atrás a pesar de que onte no pleno os responsables municipais afirmaron que non teñen novas sobre as alegacións presentadas no seu día perante o Ministerio e se isto non se revirte antes de finais de ano será un desastre para manter o dinamismo de Melide como cabeceira de comarca.