AM-PSOE minte para non asumir o seu fracaso: 0 euros de investimento da Deputación da Coruña en 2 anos e medio

30.12.2021

Os socialistas de Melide veñen de sacar unha información nos medios que falta a verdade: o terzo de financiamento do proxecto da conexión á EDAR municipal por parte da Xunta de Galicia está asegurado, estivoo no ano 2021 e voltará a estalo no ano 2022 a pesares de que xa se perdeu a anualidade do ano 2021 pola incapacidade manifesta de xestión do bipartito de Pérez. 


Disto é bo coñecedor o Sr. Pérez quen recibiu unha carta da Consellería de Medio Ambiente para que puxera a maquinaria andar e asinar o convenio o pasado Febreiro do ano 2021. É bo que contextualicemos o asunto: un ano despois, un ano perdido onde Pérez andou dando voltas de si depuradora si depuradora non para finalmente...e por fin...despois de meses reclamándollo dende as nosas filas, recoller o traballo TÉCNICO que xa estaba realizado por parte de Augas de Galicia a petición do PP melidense e decantarse pola conexión das augas á EDAR municipal que nada lle custará ao peto dos melidenses. Aínda así meses e meses perdidos. 

Partidas Xerais Melide 2022
Partidas Xerais Melide 2022

O certo é que a Pérez interesalle que o seu socio necesario, o Sr. J.A. Prado se estrele nas trincheiras da política algo ao que él é moi dado...así o alcalde pode exercer aquelo de "yo solo sé que no sé nada" "yo no estaba" "non se entera"... comentarios moi habituais na segunda rolda de contactos de calquera que falara con un e logo co outro. 

  • Tiveron máis dun ano para xestionar un convenio coa Deputación da Coruña para asegurar o terzo de financiamento do proxecto de canalización das augas da Madanela á EDAR municipal que votamos en pleno. Algunha novidade ao respeto? Lamentablemente NON. Nin sequera o Presidente sabía o que lle estaban preguntando cando veu a Melide. 
  • Onde están os millóns de euros que Prado lle prometeu a Pérez polo pacto de lexislatura? En 2 anos e medio de goberno NIN UN SO EURO a maiores para Melide. 

Xa o temos dito...prediquen con exemplos. 

Non condenen aos Melidenses a esmorecer pouco a pouco como o están facendo.