Alcalde e tenente alcalde (AM-PSOE) deixen de mentir aos veciños de Santalla...

06.05.2022

Hai 15 días que denunciamos que o bipartito AM-PSOE fixera unha obra de canalización de traída de auga en. Santalla de Agrón para proveer de auga seguindo as demandas veciñais e que, dous días despois de ter restablecido o suministro, sorprendentemente deixou de prestarse o servizo. 

A raíz de ter denunciado o PP esta situación en reunións veciñais sucesivas cos afectados, o alcalde J.M Pérez e o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado, desprazaronse a Santalla de Agrón para xustificar....o inxustificable: que en pleno século XXI teñamos que estar demandando que a un veciño se lle deña un servizo básico e fundamental: a auga. Imaxinan vostedes vivir sen auga na sua casa por unha tropelía política? Non verdade? pois pasa. 

Esta semana a prensa facíase eco deste suceso, nunha reseña en La Voz de Galicia, onde o bipartito facía algunhas declaracións que val a pena desmontar:

  1. J.M. Pérez e J.A. Prado, que comparten a carteira de obras, so se desprazaron a Santalla despois que a portavoz do PP e o seu grupo visitase por segunda vez aos veciños para preocuparse polo tema que lle tiñan trasladado. 
  2. O PP pregúntase o seguinte: si o alcalde di textualmente na prensa "es una traída vecinal, por lo que carece de potestad para intervenir y recuerda que la normativa impide que un mismo usuario tenga acceso a dos redes, polo que "non é factible a creación dunha rede municipal de auga" porque, na mesma noticia se recolle o seguinte "El Concello melidense realizó hace aproximadamente un mes una canalización alternativa para tajar lo que los lugareños creen es el origen del problema"? É dicir: O bipartito AM-PSOE realiza unha obra en febreiro para dar auga aos afectados. Ata aí todos dacordo, pero e que agora é ese mismo bipartito o que dí que é ilegal a obra que el mesmo fixo para xustificar que NON se preste o servizo de traída a un veciño. 
  3. Utilizar sistemáticamente á XUNTA, a AUGAS DE GALICIA para tapar a incompetencia deste bipartito xa non cola. Tal e como informamos aos veciños abastecer auga É UNHA COMPETENCIA MUNICIPAL. Así está establecido na Lei de Bases de Réxime local, artigo 25.1.c que transcribimos a continuación: 

É unha pena que os veciños e veciñas de Melide teñan que sufrir un goberno destas características: mentirán e incapaz de facer fronte aos problemas que no día a día se formulan ante un municipio. 

En caso de pedir axuda á alguén o bipartito de Pérez e de Prado tería que pedirllo á Deputación, onde por certo están sentados os seus partidos ou ex partidos (PSOE e BNG), a institución que nace e ten o seu orixe para apoiar aos concellos. O que non é normal é que a estas alturas sigan culpando aos demáis da súa propia ignorancia.