2,7 millóns de euros para a construcción do Centro de Saúde referencia para a Terra de Melide
Dende as filas do PP de Melide queremos facer partícipes a toda a veciñanza de Melide do inicio das obras do novo Centro de Saúde de Melide, un centro que será de referencia comarcal para as vindeiras tres décadas.
É de común coñecemento que os trámites urbanísticos que se tiveron que realizar para que hoxe poidamos asistir aos traballos de desmonte e drenaxe do terreo cedido ao SERGAS en agosto do ano 2018 foron moitos e moi complicados. Non é unha sorpresa que en varias decisións transcendentais que houbo que tomar sobre o terreo no que se construirá o novo edificio, unha finca que o Concello de Melide non tiña regularizada, o Partido Popular, tivo que, facelo sen o apoio dos demais grupos políticos representados daquela na corporación melidense.
Pero, se de algo estamos orgullosos é que, hoxe, vendo as máquinas traballar, posuíndo nos orzamentos do ano 2020 da Xunta da Galicia o compromiso do investimento, é que valeu, sen dúbida a pena.
Mentres o PsdG-PSOE de Melide, agora con responsabilidades de goberno, facía campaña poñendo en dúbida o que estaba publicado na plataforma de contratos de Galicia sobre o edificio que tanto necesita Melide provocando incluso interpelacións no Parlamento de Galicia.
Mentres nas últimas semanas o actual goberno de Prado e Pérez presumía que tivera que investir no Centro de Saúde actual de Melide en materia de mantemento, como é o seu deber, -non o esquezan señores do goberno-, o Partido Popular sempre loitou contra vento e marea polo que hoxe estamos vendo fose realidade: o inicio, sen volta atrás, do novo edificio que tanto melidenses como profesionais da saúde necesitan. O mantemento, nun edificio non sustentable, con múltiples carencias para o exercicio da profesión e o benestar dos doentes, como é o actual, do que é cuestión so de tempo a súa baixa como Centro de Saúde, era o esforzo que o consistorio melidense facía a par que loitaba pola nova infraestructura.
Por iso, crimos convinte, que o visto que a información do inicio da obra máis importante de Melide actualmente, está, extrañamente, esquecida, das redes municipais, que por outra banda, son de todos os melidenses, compartila con tod@s vós.