A Xunta proseguirá co expediente administrativo para depurar responsabilidades no goberno bipartito melidense logo de que o Xulgado arquease a denuncia que Pérez-Prado interpuxeran fronte as empresas no ano 2019
- A Xunta decidiu suspender o proceso administrativo unha vez que o Concello iniciou un procedemento penal, proceso administrativo que retomará para dictaminar o que os informes técnicos e xurídicos indiquen.
- Para os populares melidenses "a actuación da Xunta de Galicia, tanto de Augas como de Medioambiente é impecable; constan no expediente as actas dos axentes de cada seu departamento autonómico, e segundo indicaron os servizos xurídicos paralizouse o proceso administrativo como medida cautelar á espera do que decidisen os Tribunais; pola contra temos o Concello de Melide, que lonxe de iniciar un procedemento administrativo o que fixo directamente é irse a un procedemento de responsabilidade penal sen levar parello un procedemento administrativo que puidera depurar responsabilidades".
- Segundo informacións aparecidas hoxe en prensa das que nos facemos eco a denuncia das empresas do parque empresarial que o executivo local abandeirado polo alcalde Pérez e o seu socio Prado está arquivada
Melide, 11 de agosto de 2022.- "O bipartito Pérez-Prado xudicializa a xestión pública para despois demostrarse incapaz de resolver os problemas" sinala a portavoz popular, Dalia García, quen xa advirtiu que o proceder do Concello neste asunto era errado. Dende o grupo popular xa temos advertido de que acudir aos tribunais sen iniciar previamente un procedemento de depuración de responsabilidades a nivel administrativo era un camiño que manchaba o nome de Melide e que non arranxou o problema: tres anos despois Pérez e Prado son incapaces de canalizar as augas á EDAR municipal, herdando un Concello cuns aforros de 4,5 millóns de euros e tendo sobre a mesa, por segundo ano consecutivo, o terzo de financiación que a Xunta de Galicia garantiu, sen asinar.
O bipartito Pérez-Prado errou unha vez máis coa sua forma de proceder ao demostrarse que non había causa penal no desastre medioambiental acaecido en xullo do ano 2019. Así as cousas, o Xulgado non encontra causa penal contra as empresas denunciadas por AM-PSOE, ás que os responsables municipais terán que devolverlle o creto que lle roubaron, que, din os populares, poden desenvocar en demandas de responsabilidade patrimonial por danos e prexuízos.
Pero este proceso, mal levado polo executivo melidá non remata aquí, xa que unha vez arquivada a denuncia, os departamentos autonómicos deben seguir co procedemento administrativo para ditaminar se existe responsabilidade administrativa ao respecto.