A veciñanza de Melide alerta ao PP das neglixencias graves en materia de prevención de riscos laborais do bipartito AM-PSOE

27.01.2022

O PP de Melide ven de recibir a alerta da veciñanza escandalizada pola falta de medidas de seguridade no Edificio Multiusos. Na mañá do pasado luns, cunha xeada importante froito das baixas temperaturas das que somos testemuña estos días, un obreiro municipal foi ordenado polos responsables municipais para subir ao tellado do Edificio Multiusos e manipular urelitas, urelitas que están compostas de amianto, un material altamente tóxico e para o que se esixe segundo a normativa unha serie de medidas de seguridade e toxicidade que eviten riscos de saúde.

"Os responsables municipais da carteira de obras: alcalde, primeiro tenente alcalde e os que procedan na cadena de responsabilidades, terán que respostar sobre deste suceso, que en ningún caso obedece á iniciativa propia do traballador en cuestión" sinalan dende as filas dos populares melidenses quenes rexistrarán no Concello a pertinente denuncia solicitando responsabilidades.

"Durante o mandato do anterior bipartito BNG-PSOE tivemos que lamentar en Melide un accidente laboral destas características que obedece a estas mesmas prácticas: subirse a tellados sen ningún tipo de medida de seguridade, un tellado de dubidosa estabilidade, ao igual que en tempos pasados, que supuxo ademais das eivas persoais e de saúde do prexudicado unha alta indemnización superior aos 300.000 € pagada dos petos de todos/as os melidenses e condenas a persoal do concello; agora os que antes eran do BNG militan en AM e volven a cometer as mesmas neglixencias" sinala a portavoz popular, Dalia García. 

Dende o PP avanzan que non permitirán que se culpabilice aos traballadores e destas neglixencias graves terán que respostar os responsables municipal, directamente.