A gran mentira de Pérez e Prado sobre a piscina climatizada municipal
O goberno de Pérez e Prado pretende enganar aos melidenses tres anos e medio despois sen facer nada por abrir e dar un servizo público como é a piscina climatizada municipal:
1. Herdan un Concello saneado: 4,5 millóns de aforros municipais.
2. Poden dispoñer dos aforros municipais: o goberno central autoriza a gastar cousa que outras alcaldesas non puideron facer.
3. Pechan a piscina en setembro de 2019: 6 persoas ao paro e 1.200 socios sen servizo.
5. Tardan 1 ano en realizar un informe sobre o estado da piscina: agosto 2020.
5. Prometen cada pleno de orzamentos que se abrirá en 2020, 2021, 2022...2023....
6. En agosto de 2022 presupostan para a piscina: 841.382,65 €
7. En outubro de 2022 presupostan para a piscina: 1.066.529,36 €. Custará case un 50% máis do primeiro proxecto que nos presentaron...e por qué? porque non foron capaces de xestionalo: máis preocupados por si mesmos que polos melidenses.
8. Pretenden gastar ademáis:
1.066.529,36€ en obra
1.083.014,59 € en servizos
e 1.178.188,65 € en combustible
Os informes de Intervención advirten da quebra económica do Concello.
TOTAL: 4.097.732,60 € PARA POÑER A PISCINA CLIMATIZADA EN FUNCIONAMENTO

A 5 meses das eleccións municipais lanzan a noticia, utilizando os medios de todos e de todas os melidenses, ao servizo de dous (Pérez e Prado), de que sacarán a contratación á piscina.
Poucas as grazas.
Van máis de 3 anos e medio con ela pechada.
Obrigaron vostedes a marchar de Melide para practicar deporte a vilas como Palas ou Arzúa.