A Deputada Autónomica Paula Prado trasladalle á portavoz popular, Dalia García, os investimentos que a Xunta última en Melide
- Máis de 350.000 euros que a Xunta de Galicia orzamentou en proxectos de alta prioridade para Melide, xestionados durante o mandato popular. Paula Prado, a deputada autonómica de área sinalou que "Melide non pode ser noticia reiteradamente por atentados medioambientais como os vertidos cando as solucións están enriba da mesa da alcaldía e non se executan" ao fio do proxecto que Augas de Galicia trasladou hai máis dun ano ao goberno bipartito AM-PSOE e sigue sen ser licitado advocando á Consellería de Medioambiente a perder xa un ano da asignación do convenio comprometido nun terzo do finanzamento.
- Paula Prado avanzou o proxecto que Augas de Galicia remata de trasladar ao Concello froito da petición que no seu día como alcaldesa o goberno de Dalia García trasladou á Xunta coa problemática do Río Furelos e os lodos que arrastrou ás múltiples actuacións que se fixeron no seu día no leito do río. García sinala que "se amosa satisfeita por ter cumprido coa palabra dada no seu día; a Xunta estivo sempre con Melide e agora vese que o traballo deu os seus froito, un proxecto de 216.000 euros que solucionará a situación da zona de baño que ven todo masticado, é dicir, con todos os permisos sectoriais favorables; agora o bipartito de Pérez e de Prado non ten excusa".
Dalia García xunto con concelleiros do seu grupo acompañaron a unha reunión in sito á Deputada autonómica no lugar de O Rañado, Santa María onde se acometerá igualmente a II Fase do Saneamento, investimento de 133.000 euros que acometará nun 80% a Xunta de Galicia e que o 20% debe de provisionalo o Concello coa maior rapidez posible. "Foi un proxecto comprometido no seu momento na súa totalidade, non puido ser integramente construído co proxecto inicial pero igualmente traballamos para que ningunha casa ou solar quedara sen servizo, un servizo fundamental para asentar poboación en Melide" sinala a portavoz dos populares melidenses, Dalia García.
Pola sua banda, ademáis de coa Asociación de Troiteiros Río Furelos con quen puideron comprobar de primeira man a situación do cauce, do canal e do que fóra muíño no seu día, o PP melidense quixo aproveitar a presenza de Paula Prado para escoitar de primeira man aos empresarios do parque empresarial afectados polas denuncias que bipartito no seu momento cursou contra eles co fin de analizar a situación na que se encontran neste momento.
O PP de Melide seguirá na senda de conseguir investimentos para Melide como o vén demostrando ata o momento así como comprometeu a palabra da Deputada Autonómica a seguir de moi cerca a información dos temas prioritarios que teñan que ver con Melide para que, estos investimentos, fundamentais para a saude medioambiental da vila se executen o antes posible.