A Demarcación de Carreteras contesta ao PP de Melide case 5 meses despois de terne solicitado información
No día de hoxe vimos de recibir a contestación á solicitude de información que o PP de Melide fixo ante as demandas veciñais e a calada por resposta do bipartito AM-PSOE o pasado mes de febreiro.

Despois de 5 meses nos que solicitamos á Demarcación de Carreteras unha explicación sobre a modificación sen previo aviso nin do Concello nin de Demarcación de Carreteras no eixo da N-547 a altura de O Rañado e a Portela (intermedicións do Concello de Melide co de Arzúa afectando aos veciños da parroquia de Golán) rematamos de recibir a información que solicitamos a que deberiamos ter acceso como máximo nun mes.
Máis vale tarde ca nunca.
Estamos parcialmente contentos xa que, por unha banda, puidemos atender as demandas veciñais que non foron escoitadas polo bipartito Pérez-Prado e obtivemos a información explicativa ao respecto da demandas formuladas, a pesares de non solventar o problema debido á lexislación que en materia de carreteras se nos explica no informe que rematamos de recibir e que imos compartir no noso post.

Dalia García, portavoz dos populares melidenses mostrase parcialmente satisfeita ao ter forzado unha solución á situación de O Rañado, Santa María, que momentaneamente quedou illado para entrar e saír dos domicilios. Non obstante, tamén se obtén unha explicación de "polo qué" se eliminou o xiro na Portela, información que ata o momento non se posuía por parte da veciñanza.
Para o PP de Melide é importante que os veciños e veciñas obteñan respostas e poidan ver na nosa formación unha garantía de solvencia e información fiable, algo que, institucionalmente debería representar o Concello de Melide, e que lamentablemente, neste mandato, ven perdendo peso debido á deixadez de quen nos goberna.