A demagoxia dos socialistas melidenses en educación: o CEIP Martagona merece un patio cuberto

Dende o grupo municipal do PP de Melide asistimos ao espectáculo constante do tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado e ao da concelleira de educación, M. Jesús Iglesias, que lonxe de traballar aprol de Melide xustifican a sua incomptencia constante bótandolle a culpa á Xunta.
Falamos dos investimentos da Xunta de Galicia en Melide en materia de educación: un total de 1. 055.941,04 €, investimentos que responden a unha orde de prioridades e necesidades de cada un dos catro centros educativos da vila que foron sufragados pola Consellería de Educación.
Aínda así, os socialistas melidenses utilizan a súa habitual demagoxia e presentan emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia solicitando un "patio cuberto para o CEIP nº 2 Colexio A Martagona".
Respecto a iso o PP informa:
- A Xunta de Galicia financiou obras de mellora neste colexio: reforma da cuberta, sustitución de carpintarías en ventanas e reparacións varias en aseos cuxo investimento total supuxo: 159.530,15€ pagados integramente pola Xunta.
- O actual executivo Pérez-Prado herdou unha boa situación económica municipal, cuns aforros de 4,5 millóns de euros. Aforros que o actual equipo de goberno ven de derrochar, lamentablemente, en gasto corrente (600.000 €), na merca dun terreo (935.000 €) de dubidosa legalidade e no proxecto da piscina climatizada, piscina da que seguimos sen poder desfrutar tres anos e medio despois.
- Eses aforros permitirían, sen afectar a estabilidade orzamentaria do Concello, construír o necesario patio cuberto así como outras necesidades que os propios pais e nais veñen de trasladar ao PP.
Pero cando un fai una emenda e unha crítica á Xunta de Galicia ten que ter claro que ten todos os frontes cubertos e o grupo socialista melidá, co beneplácito da outra parte do goberno, é dicir, Adiante Melide, non o ten. Véxamos:
- A Consellería de Educación publicou o pasado 4 de agosto de 2022 a seguinte orde:
ORDEN de 26 de julio de 2022 por la que se amplía el plazo de ejecución y justificación de las inversiones establecido en el artículo 20 de la Orden de 11 de mayo de 2022, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia no competitiva, de las subvenciones a entidades locales para actuaciones de adecuación de las pistas multideporte en los centros de educación infantil y primaria y en los centros públicos integrados no universitarios, y se procede a su convocatoria para el año 2022 (código de procedimiento ED500A).
Esta orde de axudas en réxime de "concurrencia NON competitiva" significa que todos aqueles Concellos que quixeran adherirse a ela obterían fondos se cumprisen co esixido na convocatoria.
Que fixo go bipartito Pérez - Prado?
Non solicitar a axuda e agora queixarse a Xunta de que non fai o patio cuberto.
Aos que hoxe teñen responsabilidades no goberno local indicamoslles:
Os melidenses non merecen enganos. Melide merece un goberno local que respete aos seus veciños e veciñas e traballe para conseguir investimentos e máis e mellores servizos públicos, cuestión que hoxe non sucede con Am-PSOE.
Informamos os investimentos acordados pola Consellería de Educación no mandato 2015/2019 que foron estudados e solicitados polo Concello de Melide naquela época vistas e analizadas as prioridades e necesidades de cada un dos centros.

Lamentamos que agora, ante a proximidade dunhas eleccións municipais, os socialistas de Melide, incapaces de mellorar en absoluto ningunha instalación educativa, incluso de perder servizos, do que informaremos cumpridamente en vindeiros post, intenten escudarse na "inacción da Xunta" respecto a un patio cuberto que eles como Concello nunca solicitaron.
Dende o PP de Melide comprometemonos a executar a obra e analizar esta e outras necesidades das que nos veñen de dar traslado os pais e nais deste centro.