900 días despois o PXOM segue estancado xunto coas licencias urbanísticas municipais
- En setembro de 2019 tanto o alcalde como o tenente alcalde iniciaron unha "política de terra queimada" con respecto as decisións dos gobernos populares que os precederon anunciando grandes políticas de lexislatura, políticas e decisións que se quedaron en "nada" a piques de cumprirse tres anos de mandato, apunta Dalia García, a portavoz dos populares melidenses.
- Máis de 900 días despois daquel setembro de 2019 onde se indicaba que "había falta de vontade política para aprobar un PXOM referíndose ao PP" non temos ningún coñecemento por parte do grupo popular que se tivera feito ningunha xestión ao respecto máis que seguir coas que xa o PP iniciara respecto das modificacións puntuais para conseguir máis terreo industrial.
Melide, 11 de marzo de 2022.- O PP de Melide denuncia que unha vez máis, 900 días despois de telo anunciado, as grandes liñas políticas da lexislatura que anunciaban AM-PSOE eran e son "puros anuncios electorais" que demostran a ineptitude deste goberno, sinala Dalia García.
"Anunciaron que o PXOM estaba esquencido nun caixón porque non "había valentía política" en palabras de J. Antonio Prado, o tenente alcalde mellor pagado de Galicia e resulta que, máis de 900 días despois, a piques de cumprir tres anos de mandato, non existe nada do estudo dos expedientes municipais que nos faga pensar que se iniciaron novos trámites" sinala a portavoz do PP. "Ao contrario, beben do que antes lle criticaan ao PP: seguiron, porque non hai outro xeito para proveer de máis solo industrial a Melide, co plan inicial que o PP propoñía dende 2017, dicir o contrario sería MENTIR, 3 anos de xestión perdidos mentras Palas ou Lalín medran constantemente".
García defende o traballo feito nos oito anos de goberno popular en materia urbanística: durante ese mandanto, ademáis de terse publicado unha nova lei do solo no ano 2016 que supuxo un cambio de normativa integral, o que se fixo foi facilitar a implantación dunha superficie comercial en Melide coa conseguinte tramitación do cambio de calificación de solo de uso residencial a comercia; iniciar a tramitación dun SAU; regulizouse a parcela na que finalmente se implantou o novo Centro de Saúde, cuestións todas elas, nas que , por certo, nos atopamos sen o apoio dos que hoxe gobernan e que daquela ocupan as sillas do BNG, por exemplo Xosé Igrexas, tenente alcalde e voceiro de AM ou J.A Prado, primeiro tenente de alcalde polo PSOE.
"A súa ineptitude e a falta a verdade a todos os melidenses non ten límites" reiteran dende o grupo municipal popular; cansaronse de anunciar "novas políticas" para quedarse Melide sen solo industrial, sen planeamento e sen infraestruturas novas a pesar de ter deixado o PP 4, 5 millóns de euros de remanente que neste caso, pola supresión das regras fiscais, eles si poden gastar, o que é máis grave se cabe, que suframos esta parálese" apunta García.
Hai un días, unhas semanas despois de que o bipartito AM-PSOE tivera coñecemento do noso boletín de información municipal do mes de xaneiro lanzaban dende o goberno municipal unha revista de "demagoxia e medias verdades" ao xuízo dos populares para influir sobre a opinión pública melidense.
Nesta serie de imaxes que colgamos, pódese comprobar a "páralese" á que está sometido Melide baixo o goberno de Pérez e de Prado. Son notas de prensa que o Concello de Melide aló por setembro - novembro de 2019 enviou a medios sobre o que estamos comentando.
Na súa revista de "desinformación" utilizan o arte urbano para vinculalo a políticas urbanísticas cando a verdade é que non solicitaron nin a axuda da Xunta de Galicia para actuar sobre os edificios públicos, que como o Edificio Multiusos están no estado que se pode apreciar nas fotografías. Lonxe de axudar a rematar co feísmo non informan sobre ordes de axuda aos veciños que así se achegan á alcaldía a preguntar e atrevense a lanzar tales titulares....
Seguiremos informando.