5 meses de deixadez do bipartito de Pérez e de Prado nas Escolas Deportivas e Culturais Municipais

04.04.2022

O PP preguntou hai máis de 2 meses porqué non existían decretos de cobro das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide, pregunta que foi respostada no pleno do pasado mércores día 30 de marzo. 

Coa resposta que nos deu o goberno bipartito melidense de Pérez é "a data de Febreiro non se pasaron os recibos" é dicir, estamos en marzo, día 30 e non se teñen xirado ningún dos recibos das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide. 

Isto demostra que quen é responsable de gobernarnos leva 5 meses sen pegar pancada a pesar de ter o soldo máis elevado de todos os tenentes de alcalde de Galicia consentido polo Alcalde, que non se ocupa de "asuntos mundanos" el ao seu. 

O resultado cal é? Que os melidenses, lonxe de ter unha contabilidade ordenada terán agora que asumir 5 meses de atraso no cobro. Atraso que non sería solventado de non ser o PP quen preguntase polo asunto xa que aproveitaron o mes de marzo para regularizar os primeiros segundo temos analizado nos Decretos de Alcaldía que tocaron neste pleno. 

Cal é a excusa desta vez? Pois que tiveron "problemas na implantación dun novo sistema informático na xestión dos recibos" que por certo, non vemos reflictido na contabilidade municipal. 

É dicir se é un programa de pago "un problema de 5 meses" é un auténtico escándalo. Se é un cambio de programa da Deputación deberían telo informado aos usuarios. 

Quen paga os pratos rotos deste bipartito? Os melidenses, coma ven sendo habitual....